Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 07

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS URBANAS

NECESIDADES

OBXECTIVOS

Esta operación está enfocada á procura dun consumo enerxético sostible, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións municipais, contribuíndo á diminución do consumo enerxético. Polo tanto, os principais obxectivos da operación son:

  • Reducir o consumo enerxético municipal.

  • Optar por un sistema enerxético público sostible.

  • Adaptación tecnolóxica do concello.

RESULTADOS

Con esta liña de actuación prevese unha mellora do consumo enerxético nas instalacións deportivas municipais, e concretamente:

  • Mellora do illamento e das envolventes térmicas dos edificios deportivos.

  • Redución do consumo de enerxía eléctrica.

  • Optimización de ambos os dous tipos de consumo mediante a instalación de elementos intelixentes de control de consumo.

Datos

inversión total
183.935,94 €
0%
FEDER
147.148,75 €
0%
concello
36.787,19 €
0%

NOTICIAS

O CONCELLO DE LALÍN PON EN MARCHA MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO NO ESTADIO MANUEL ANXO CORTIZO E NO LALÍN ARENA

O Concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, está a traballar en diferentes actuacións encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións deportivas municipais, de tal xeito que se reduza o consumo de enerxía e se acade un maior aforro enerxético, especialmente necesario a día de hoxe.